Visitar URL original
Kit de Desenvolvemento de Java - Wikipedia, a enciclopedia libre
Saltar ao contido

Kit de Desenvolvemento de Java

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kit de Desenvolvemento de Java
 Instancia de
 Subclase de
 Uso
Características
 Linguaxe de programación
 Sistema operativo
Implicados
 Desenvolvedor/a
Historia
 Versións
23.0.1 versión estábel (15 de outubro de 2024)
21.0.6 suporte de longo prazo (pt) Traducir (21 de xaneiro de 2025) Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0bsp1 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata

O Kit de Desenvolvemento de Java (JDK) é unha distribución de tecnoloxía Java da Oracle Corporation. Implementa a Especificación da Linguaxe Java (JLS) e a Especificación da Máquina Virtual Java (JVMS), ademais de proporcionar a Edición Estándar (SE) da Interface de Programación de Aplicacións Java (API). É un derivado do OpenJDK, impulsado pola comunidade e xestionado por Oracle.[1] Proporciona software para traballar con aplicacións de Java. Algúns exemplos de software incluídos no JDK son a máquina virtual de Java, un compilador, ferramentas de control do rendemento, un depurador, e outras utilidades que Oracle considera útiles para programadores de Java.

Oracle liberou a versión actual do software baixo a licenza de Termos e Condicións sen Taxas de Oracle (NFTC). Liberaron os binarios para a arquitectura x86-64 para os sistemas operativos baseados en Windows, macOS, e Linux, e para a arquitectura aarch64 de macOS e Linux. As versións anteriores soportaban o sistema operativo Oracle Solaris e a arquitectura SPARC.

A implementación principal da JVMS de Oracle coñécese como HotSpot (máquina virtual).

Contidos do JDK

[editar | editar a fonte]

O JDK ten como os seus principais compoñentes unha colección de ferramentas de programación, que inclúen:

  • appletviewer – Esta ferramenta pódese usar para executar e depurar applets de Java sen un navegador web.
  • apt - A ferramenta de procesamento de anotacións.[2]
  • extcheck – Unha utilidade que detecta conflitos de ficheiro JAR.
  • idlj – O compilador de IDL a Java. Esta utilidade xera ligazóns Java dende un ficheiro IDL de Java dado.
  • jabswitch – A Ponte de Acceso a Java. Expón tecnoloxías de asistencia en sistemas Microsoft Windows.
  • java – O cargador para aplicacións de Java. Esta ferramenta é un intérprete que pode interpretar os ficheiros de clase xerados polo compilador javac. Con isto úsase un único lanzador tanto para o desenvolvemento como para o despregamento. O antigo lanzador de implementación, jre, xa non inclúe o JDK Sun e, no seu lugar, foi substituído por este novo cargador Java.
  • javac – O compilador Java, o cal converte código fonte a bytecode de Java.
  • javadoc – O xerador de documentación, o cal automaticamente xera documentación a partir de comentarios do código fonte.
  • jar – O arquivador, o cal empaqueta bibliotecas de clases relacionadas nun único ficheiro JAR. Esta ferramenta tamén axuda a xestionar ficheiros JAR.
  • javafxpackager – Ferramenta para empaquetar e asinar aplicacións JavaFX.
  • jarsigner – A ferramenta de sinatura e verificación de ficheiros JAR.
  • javah – O xerador de cabeceiras e stubs de C, usado para escribir métodos nativos.
  • javap – O desensamblador de ficheiros de clase.
  • javaws – O lanzador de Java Web Start para aplicacións JNLP.
  • JConsole – Consola de monitorización e xestión de Java.
  • jdb – O depurador.
  • jhat – Ferramenta de Análise do Heap de Java. (experimental)
  • jinfo – Esta utilidade consegue información de configuración dun proceso de Java en execución ou dun crush dump. (experimental)
  • jmap Oracle jmap – Mapa de memoria - Esta utilidade produce o mapa de memoria para Java e pode imprimir mapas de memoria de obxectos compartidos ou detalles da memoria dinámica dun proceso ou volcado de núcleo determinado. (experimental)
  • jmc – Control de Misión de Java.
  • jpackage – Unha ferramenta para xerar paquetes de aplicacións autónomos. (experimental)
  • jps – A ferramenta de estado do proceso de máquinas virtuais de Java enumera as máquinas virtuais de Java (JVM) HotSpot instrumentadas no sistema obxectivo. (experimental)
  • jrunscript – shell de script de liña de comandos de Java.
  • jshell – Un bucle de lectura-avaliación-impresión introducido en Java 9.
  • jstack – Utilidade que imprime os rastros da pila dos fíos de Java. (experimental)
  • jstat – Ferramenta de monitorización de estatísticas de Máquinas Virtuais de Java. (experimental)
  • jstatd – demonio do jstat (experimental)
  • keytool – Ferramenta para manipular o keystore (almacén de chaves).
  • pack200 – ferramenta de compresión JAR.
  • policytool – A ferramenta de creación e xestión de políticas, que pode determinar a política para o tempo de execución de Java, especificando que permisos están dispoñibles para o código de varias fontes.
  • VisualVM – Ferramenta visual que integra varias ferramentas JDK por liña de comandos e capacidades lixeiras de perfís de memoria e rendemento (xa non se inclúe en JDK 9+)
  • wsimport – Xera artefactos JAX-WS portátiles para invocar un servizo web.
  • xjc – Parte da API de Java para a vinculación XML (JAXB). Acepta un esquema XML e xera clases Java.

As ferramentas experimentais poden non estar dispoñíbeis en versións futuras do JDK.

O JDK vén tamén cunha Contorna de Execución de Java (JRE) completo, normalmente chamada contorna de execución privada, debido a que está separado do JRE "normal" e ten contido adicional. Consiste nunha máquina virtual Java e todas as bibliotecas de clase presentes no ambiente de produción, así como as bibliotecas adicionais útiles só para os desenvolvedores, como as bibliotecas de internacionalización e as bibliotecas de IDL.

Copias do JDK tamén inclúen unha ampla selección de programas de exemplo que mostran o uso de case todas as porcións da API de Java.

Outros JDKs

[editar | editar a fonte]

Máis alá do JDK máis amplamente utilizado falado neste artigo, hai outros JDKs xeralmente dispoñíbles para unha variedade de plataformas, algúns dos cales arrancaron desde a fonte do JDK Sun e outros que non. Todos se adhiren ás especificacións básicas de Java, mais a miúdo difiren en áreas explicitamente non especificadas, como a recolección de lixo, estratexias de compilación, e técnicas de optimización. Inclúen:

En modo de desenvolvemento ou de mantemento:

  • Azul Sistemas Zing, JDK de baixa latencia para Linux;[3]
  • Azul Sistemas / Zulu baseado en OpenJDK para Linux, Windows, Mac OS X, sistemas embebidos e a nube;[4]
  • OpenJDK / IcedTea;
  • Aicas JamaicaVM;
  • IBM J9 JDK, para AIX, Linux, Windows, MVS, OS/400, Pocker PC, z/OS;[5]

Descontinuadas ou sen mantemento:

  • Apache Harmony;
  • Mac OS Runtime para Java de Apple JVM/JDK para o Mac OS clásico;[6]
  • Blackdown Java – Porto do JDK de Sun para Linux;[7][8]
  • A Classpath de GNU e GCJ (O compilador GNU para Java);
  • JRockit JDK de Oracle, para Windows, Linux, e Solaris;[9]

Referencias

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]