Visitar URL original
Subversion - Wikipedia, a enciclopedia libre
Saltar ao contido

Subversion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Subversion
 Nome curto
SVN (zxx)
Subversion (en)
svn (zxx) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Características
 Colección
 Linguaxe de programación
 Licenza
Implicados
 Inventor/a ou descubridor/a
 Creador/a
CollabNet (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Desenvolvedor/a
Datas
 Fundación / creación
20 de outubro de 2000 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
20 de outubro de 2000 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Versións
1.14.5 bug-fix release (en) Traducir (8 de decembro de 2024) Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF177165689 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/012ct9 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Manual
 Repositorio
Wikidata C:Commons

Apache Subversion (SVN) é un sistema de control de versións (VCS) que traza os cambios en ficheiros e permite a coordinación de traballo de moitas persoas para o desenvolvemento de software, páxinas web ou documentación. Distribúese como software libre coa licenza de Apache[1]

Creouno CollabNet Inc. en 2000, co liderádego de Karl Fogel e Ben Collins-Sussman e coa finalidade de ser compatible con Concurrent Versions System (CVS), o naquela hora sistema de control de versións máis usado, e ser o seu sucesor[2]. A maioría dos proxectos de software libre comezárono a empregar, axudados pola procedencia dos fundadores de SVN e a frustración con CVN[2]. Subversion alóxase agora na Apache Software Foundation, despois de que no 2009 CollabNet llelo candidataran para que xestionasen o seu desenvolvemento[3].

Subversion emprégase amplamente en proxectos como Apache Software Foundation, Free Pascal, FreeBSD, GNOME, GCC, KDE, Python ou Samba. SourceForge.net fornece a hospedaxe con Subversion para os seus proxectos de código aberto. Google Code tívoo empregado antes do seu peche[4].

  1. ↑ "Subversion". directory.fsf.org. Free Software Directory. 2013. Consultado o 6 de xaneiro de 2017.
  2. 1 2 "Version Control with Subversion". Consultado o 6 de xaneiro de 2017.
  3. ↑ "Celebrating a Decade of Open Source Leadership". Consultado o 2017-01-06.
  4. ↑ Google Code, About. "Ofreceu o aloxamento de proxectos con Subversion, Mercurial e Git. Ampliouse para ofertar wikis, descargas e mesmo xestión de problemas. Mais, no 2015 Google deulle un adeus ao servizo, o que tiña xa esmorecido, eclipsado por outros proxectos de aloxamento baseado en software libre moito máis ricos."

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]